h1

O Hiper Gran Canastro da Radio Galega vense para O Grove

27, Febrero, 2009

Tan só un día despois do éxito logrado en Pontevedra, Os Garoulos acadan o primeiro posto do concurso do programa da Radio Galega “Aberto por Reformas”.   Dun total de 12 comparsas de toda Galicia, os nosos foron elixidos tanto polo público como polo xurado.

Xurxo Souto e  Alberto Rivero virán o vindeiro venres  en persoa a entregarlle a Gonzalo e os que se atopen con el,  o “Hiper Gran Canastro” (premio do concurso).

Leer el resto de esta entrada »

h1

Terceiro posto no Concurso de Murgas de Pontevedra

27, Febrero, 2009

Finalmente acadamos o terceiro posto na final do XVIII Concurso de Murgas de Pontevedra celebrado onte no Pazo da Cultura.

Gonzalo agradeceu a acollida recibida polos pontevedreses e aventurouse a dicir que para o vindeiro ano volveremos con unha crítica a Pontevedra e ao seu Alcade.

[Fotos Todogrove.com]

Leer el resto de esta entrada »

h1

Os Garoulos na final do XVIII Concurso de murgas de Pontevedra

26, Febrero, 2009

As 21 horas desta noite, a nosa comparsa actuará no Pazo da Cultura de Pontevedra na Final do XVIII Concurso de murgas. Onte clasificámonos  para a gran final, xunto con outras tres formacións,  logo de que o xurado nos dera 45 puntos pola actuación na segunda eliminatoria.

h1

Segundo posto no Festival de Comparsas

23, Febrero, 2009

Os Garoulos acadamos o segundo posto no Festival de Comparsas celebrado o pasado sábado no pavillón dos deportes do Grove. Vestidos de medievais, a nosa comparsa actuou no quinto posto sobre un escenario a modo de gran castelo.

Felicitar dende aquí aos gañadores, así como a resto das comparsas que participaron no Festival.

Tras unha longa noite (os que máis e os que menos sen durmir), na mañá do domingo percorremos diferentes bares e tabernas da localidade antes de comer. Pola tarde asistimos ao auditorio de Vilagarcía para actuar no certame de comparsas.

Xa no lúns, moitos dos nosos integrantes, con Gonzalo á cabeza, estivemos presentes no programa “Aberto por Reformas” da Radio Galega,  que se emitiu en directo dende a Casa da Cultura do Grove. Tamén estiveron o resto das comparsas que participaron no Festival.  [escoitar programa]

Leer el resto de esta entrada »

h1

Os Garoulos na Radio Galega

20, Febrero, 2009

A nosa comparsa participa no concurso do programa Aberto por Reformas da Radio Galega. Xunto con outras once formacións de toda Galicia, Os Garoulos obtamos ao premio dun “Gran Canastro”

O equipo técnico, do programa que dirixe Xurxo Soto, acercouse ao noso ensaio o pasado mercores para gravar a actuación deste ano. Esta tarde parte da nosa primeira letra foi emitida no programa. A partir do vindeiro mércores comezarán as votacións.

escoitar Aberto por reformas deste venres 20

h1

Celebrouse o tradicional cocido de entroido

17, Febrero, 2009

s7300042O sábado e tras rematar outro duro ensaio, numerosos compoñentes da comparsa disfrazáronse e citáronse en Casa Martínez para degustar o tradicional cocido que, para Os Garoulos,  dá o pistoletazo de saida ao entroido 2009.

Tralo suculento manxar, a festa continuou nos diferentes locais do Grove ata altas horas da madrugada…. bueno… ata máis ala de que cantaran os jalos.

[ler resto de entrada para ver todas as fotos]

Leer el resto de esta entrada »

h1

Primeiras instantáneas dos Ensaios

31, Enero, 2009

Fotografías do ensaio do xoves 30 de xaneiro, cortesía de Todogrove.com

h1

Comezan os ensaios para o entroido 2009

22, Enero, 2009

Celebrouse xa a primeira reunión coas comparsas que participarán no entroido 2009.  Este ano o Festival de Comparsas celebrarase o vindeiro 21 de febreiro. A nosa comparsa, que como cada ano asistirá ao evento, xa se está preparando para ese día e para a longa semana de entroido, na que tentaremos facelo o mellor posible.

En poucos días  engadiremos o programa que a nosa comparsa realizará durante o entoido 2009.

[foto todogrove.com]

h1

Os Garoulos rematan o entroido na Illa de Arousa

11, Febrero, 2008

comparsas_cine_o_marino_os_garoulos_40.jpgLogo dunha longa semana de Entroido, na Illa de Arousa demos por finalizadas as nosas actuacións do 2008.

Un total de 31 veces foi as que a nosa comparsa cantou en diferentes locais e escenarios.

Ademais de cantar en O Grove, este ano temén o fixemos en Sanxenxo, Pontevedra e a Illa de Arousa.

Estas foron as nosas actuacións:

SÁBADO 2:
-Festival de Comparsas no pavillón de O Grove. [3º posto]

DOMINGO 3:
-Pola mañá: Salitre, O Xoto, A Taperia, Rua Vella e Don Mexilón.
-Pola tarde: A Lonxa [Portonovo] e Paxo Emilia Pardo Bazán [Sanxenxo]

LUNS 4:
-Festival de Murgas no Pazo da Cultura de Pontevedra.

MARTES 5:
-De Bares por O Grove: Habanero, Menta e Chocolate, Abadía, Manos, Fragata, Domínguez, Vinilo, Isolino, O Arco e Balcón Café.

SÁBADO 9:
-Pola tarde: Certame no Cine O Marino. O Arco, Metropol, Balcon Café e Os Candis.
-Pola noite: Concurso de Comparsas en Discoteca Pekados [1º xunto con Güeros e As + Plus]

DOMINGO 10:
-Pola mañá: Casa da Cultura de San Vicente, homenaxe a O Coxo.
-Pola mañá na Illa: Saratoga e tres locais máis.
-Pola tarde na Illa: Certame de Comparsas no Regueiro.

Fotos do certame do Cine O Marino e do Pavillón [cortesía de Todogrove.com]

comparsas_cine_o_marino_os_garoulos_41.jpgcomparsas_cine_o_marino_os_garoulos_42.jpgfestival_de_comparsas_29.jpg
festival_de_comparsas_38.jpgfestival_de_comparsas_42.jpgfestival_de_comparsas_43.jpg

h1

Algunhas fotos deste ano

9, Febrero, 2008

Aquí tedes algunhas das fotos de Os Garoulos de este ano. [Cortesía de Andrea Piñeiro]

Sábado 2 [Desfile ao Pavillón e Festa logo do Festival]:
dscn1088.jpgdscn1091.jpgdscn1089.jpg
dscn1129.jpgdscn1093.jpgdscn1136.jpg
dscn1132.jpgdscn1126.jpgdscn1104.jpg
dscn1127.jpgdscn1130.jpgdscn1131.jpgdscn1135.jpg

Domingo 3 [Pazo Emilia Pardo Bazán - Sanxenxo]
dscn1151.jpgdscn1154.jpgdscn1148.jpg

Lúns 4 [Pazo da Cultura - Pontevedra]:
dscn1165.jpgdscn1162.jpgdscn1163.jpg
dscn1164.jpgdscn1166.jpgdscn1169.jpg