
Segundo posto no Festival de Comparsas
23, Febrero, 2009
Os Garoulos acadamos o segundo posto no Festival de Comparsas celebrado o pasado sábado no pavillón dos deportes do Grove. Vestidos de medievais, a nosa comparsa actuou no quinto posto sobre un escenario a modo de gran castelo.
Felicitar dende aquí aos gañadores, así como a resto das comparsas que participaron no Festival.
Tras unha longa noite (os que máis e os que menos sen durmir), na mañá do domingo percorremos diferentes bares e tabernas da localidade antes de comer. Pola tarde asistimos ao auditorio de Vilagarcía para actuar no certame de comparsas.
Xa no lúns, moitos dos nosos integrantes, con Gonzalo á cabeza, estivemos presentes no programa “Aberto por Reformas” da Radio Galega, que se emitiu en directo dende a Casa da Cultura do Grove. Tamén estiveron o resto das comparsas que participaron no Festival. [escoitar programa]
Fotos cedidas por todogrove.com
noticias relacionadas








