Tan só un día despois do éxito logrado en Pontevedra, Os Garoulos acadan o primeiro posto do concurso do programa da Radio Galega “Aberto por Reformas”. Dun total de 12 comparsas de toda Galicia, os nosos foron elixidos tanto polo público como polo xurado.
Xurxo Souto e Alberto Rivero virán o vindeiro venres en persoa a entregarlle a Gonzalo e os que se atopen con el, o “Hiper Gran Canastro” (premio do concurso).




A nosa comparsa participa no concurso do programa Aberto por Reformas da Radio Galega. Xunto con outras once formacións de toda Galicia, Os Garoulos obtamos ao premio dun “Gran Canastro”
O sábado e tras rematar outro duro ensaio, numerosos compoñentes da comparsa disfrazáronse e citáronse en Casa Martínez para degustar o tradicional cocido que, para Os Garoulos, dá o pistoletazo de saida ao entroido 2009.
