Archivos de la categoría ‘General’

h1

Segundo posto no Festival de Comparsas

23, Febrero, 2009

Os Garoulos acadamos o segundo posto no Festival de Comparsas celebrado o pasado sábado no pavillón dos deportes do Grove. Vestidos de medievais, a nosa comparsa actuou no quinto posto sobre un escenario a modo de gran castelo.

Felicitar dende aquí aos gañadores, así como a resto das comparsas que participaron no Festival.

Tras unha longa noite (os que máis e os que menos sen durmir), na mañá do domingo percorremos diferentes bares e tabernas da localidade antes de comer. Pola tarde asistimos ao auditorio de Vilagarcía para actuar no certame de comparsas.

Xa no lúns, moitos dos nosos integrantes, con Gonzalo á cabeza, estivemos presentes no programa “Aberto por Reformas” da Radio Galega,  que se emitiu en directo dende a Casa da Cultura do Grove. Tamén estiveron o resto das comparsas que participaron no Festival.  [escoitar programa]

Read the rest of this entry ?