
Historia
Os Garoulos naceu no ano 1986 da man, entre outros, de Gonzalo Domínguez “Zalo”, Óscar Domínguez “Virvi” e Paco Fraga “Paquiño”. A idea de crear una comparsa integrada por xente xoven xurdiu logo de que os dous primeiros, Zalo e Virvi coincidiran durante os tres anteriores anos na comparsa “Os Felinos de Terra de Porto” (capitaneada naquel entón por Candiducho e Tonio Barbeiro).
A primeira formación que saíu a rúa para cantar as súas coplas contaba con dezaoito rapaces e ensaiaban nun pequeno baixo en Peralto pertencente a Xoán Barral. Un longo abrigo, una boina, unhas medias de fútbol e uns zapatóns foron as súas vestimentas ese ano. Cabe resaltar que este novo grupo de rapaces lograron ese Entroido empatar no premio da crítica, máximo galardón naquela época, coa comparsa “Os Cuanchos que levaban vencendo varios anos. A partir do ano 1994, as mulleres comezan a integrarse nos Garoulos, ata ese ano a comparsa so contaba con homes nas súas formacións.
Son moitos xa os anos e os Entroidos que levan as súas costas Os Garoulos e moitas as persoas que cantaron con nós (algún ano chegamos a ser máis de 100 persoas), moitas das cales forman parte agora de outras comparsas.
Podemos dicir que fomos pioneiros nos montaxes de escenarios e nos shows no concurso de comparsas de O Grove contribuíndo dese modo a mellorar o espectáculo. Tamén podemos presumir de ser os primeiros en ter editados dous CDs de gran calidade [2003 “Vamos a Máis” e 2005 “Consentimento”] e de contar con unha páxina web [2004].
Falar de Os Garoulos é falar dunha parte importante da historia do Entroido na nosa vila. Si facemos un repaso a todas as letras cantadas por esta comparsa, podemos facernos unha idea do que sou no pobo nas últimas dúas décadas. Pero non só do que pasa na nosa vila, senón que tamén do sucedido a nivel nacional, estatal e incluso mundial. Alcaldes, concelleiros, veciños, obras, eventos, guerras, presidentes, famosos da música, cine,… non se libraron nin se librarán de ser parodiados a base de ritmos musicais.
Son moitos os premios acadados por esta comparsa:
- Cinco veces vencedores en solitario da Bandeira de O Grove.
- Dúas veces vencedores empatados con outras formacións. Unha vez coa crítica (máximo premio) dos Cuanchos de Cholo e noutra ocasión cos Sepelíns (sistema de puntos).
- O resto dos anos, segundos e terceiros postos.
- Interpretación, Crítica, Vestiario e incluso un premio a comparsa máis divertida foron algúns dos galardóns acadados.
Agradecer dende este espazo a todas as persoas, homes e mulleres, que formaron parte nalgún momento desta comparsa e a todas as que en todos estes anos colaboraron con nós para que cada ano poidamos darlle ese toque especial ao Entroido meco.
RESULTADOS DOS ÚLTIMOS ANOS
