h1

Concurso-Festival de Comparsas 2008

3, Febrero, 2008

a3c6f1.jpgO pavillón municipal de O Grove acolleu o sábado á noite o Concurso-Festival de Comparsas. Como dictaminou o sorteo do pasado xóves, actuamos en primeiro lugar.

Con disfraz de arabes e danza do vientre, os 74 Garoulos, Garoulas e Garouliños acadamos o terceiro posto dun total de nove comparsas.

Dende aquí, felicitar a todas polas súas actuacións e sobre todo as dúas primeiras clasificadas.

[Foto: La voz de Galicia - Edición dixital]

h1

O Cocido abre o noso programa de entroido.

27, Enero, 2008

cea_garoulos0.jpg

cea_garoulos6.jpgOnte á noite, 30 garoulos disfrazados celebraron o tradicional cocido de entroido. Comemos, bebemos, rimos e cantamos, ata máis alá da media noite, no coñecido local meco O Larexo.

Trala cea e a cantarea, percorremos os pubs do concello. Algúns comezaron a retirarse e outros continuaron á marcha ata altas horas da madrugada.

Leer el resto de esta entrada »

h1

Programa dos Garoulo. entroido 2008.

13, Enero, 2008

carnaval.jpgSábado 26-01COCIDO TRADICIONAL OS GAROULOS.

Sábado 02-02CONCURSO-FESTIVAL DE COMPARSAS.
As 20:00 h. vemonos diante do concello para desfilar ata o Pavillón Municipal dos Deportes onde a partir das 21:30 h. dará comezo o Concurso. O orde de actuación aínda non se sabe.

Domingo 03-02DE TABERNAS POLO CONCELLO.
-Madrugaremos (os que vaian a cama, claro) e, si as voces inda están claras, cantaremos polas tabernas e bares.

Domingo 03-02AUDITORIO DE VILAGARCÍA.
-
A primeiras horas da tarde desprazaremonos a Vilagarcía para asistir ao certame de comparsas que o Concello arousán celebra no Auditorio.

Martes 05-02DESFILE DE ENTROIDO.
-Estaremos toda a tarde percorrendo a gran maioria de bares e cafeterías para mostrar as nosas críticas rítmicas.

Sábado 09-02 - CERTAME NO CINE O MARINO.
-
Este ano celebrarase un certame de comparsas no Cine O Marino. Este será grabado e comezará as 20:00 horas. O orde de actuación será o inverso ao resultado obtido no Festival do sábado anterior no Pavillón. Afinaremos as voces para ese día.

Sábado 09-02ENTREGA DE PREMIOS.carnaval13.gif
-As 20:30 horas (tra-lo remate do certame) farán entrega dos premios do entroido, entre eles o do concurso-festival de comparsas.

Sábado 09-02ENTERRO DA SARDIÑA.
-
Estaremos no velatorio á finadiña doña Sardiña e logo acompañaremola polas rúas de O Grove antes de que sexa incinerada no Corgo.

Domingo 10-02CASA DA CULTURA DE SAN VICENTE.
-
O domingo á mañá cantaremos na Casa da Cultura de San Vicente.

Domingo 10-02DE RUTA POLA ILLA.
-O domingo ao rematar en San vicente desprazaremonos á Illa de Arousa e estaremos ata a tardiña alí para amosarlles, como cada ano, as nosas críticas.

* Este programa pode sufrir variacións nalgúns dos seus apartados.

h1

Entrega de premios 2007

24, Febrero, 2007

entrega-premios-3.jpgentrega-premios-4.jpgO venres do enterro da sardiña é tamén o día da entrega de premios do Concurso-Festival de comparsas.

Como de costume, unha boa representación da nosa comparsa asiste, a esta entrega e ao posterior enterro da finada sardiña, disfrazados.

Unha boa maneira de darlle un pouco de cor ao final do entroido na nosa localidade.entrega-premios-2.jpgentrega-premios-1.jpg

Pincha sobre as fotos para velas en grande

[Fotos cortesía de Miguel Muñiz]

h1

Martes de entroido 2007

21, Febrero, 2007

dsc08210.jpgO martes de entroido, coma sempre, percorremos os bares e cafeterías de O Grove para cantar o noso repertorio. Habanero, Abadía, Fragata, Manos, Domínguez, Isolino, Casa Abel, … foron algún dos locais nos que deixamos a voz para o disfrute dos que nos escoitaron.

Ver fotos da actuación no Bar Manos

[Fotos cortesía de Miguel Muñiz]

h1

Letras 2007.

19, Febrero, 2007

Letras das cancións do 2007

Letra 1.- Donde están os micros

Estaban sentados xunto a cofradía
fasía calma podre en toda a ría
en eses momentos chejou Benavil
non metas puntales, ponlle tesafil.

Leer el resto de esta entrada »

h1

Concurso-Festival de Comparsas 2007

18, Febrero, 2007

os-garoulos-2007_festival-36.jpgNo festival de comparsas celebrado o sábado no Pavillón Municipal dos Deportes, Os Garoulos rematamos no segundo posto. Co disfraz de cabareteiros e cabareteiras e cunha boa interpretación logramos un meritorio posto.

Felicitar dende aquí ao resto das comparsas participantes e sobre todo á primeira e terceira clasificada.

Ver fotos da actuación no Concurso-Festival de comparsas
[Fotos cortesía de Miguel Muñiz]

Pequeno video que alguén colgou en youtube da actuación no pavillón.

h1

Cocido tradicional Os Garoulos 2007

12, Febrero, 2007

cea_web.jpgO pasado venres 9, moitos dos integrantes da comparsa Os Garoulos xuntamonos, para o tradicional cocido de entroido.

Xa no ensaio, case todos os asistentes foron disfrazados, que era unhaensaio_web.jpg das condicións para vir logo a cea. Esta celebrouse no coñecido local grovense, “Casa Abel”, onde degustamos o suculento manxar. Ao remate disfrutamos de un pouco de música de colleita propia para continuar a marcha polos pubs da localidade.

Ver fotos do ensaio e da cea

[Fotos cortesía de Miguel Muñiz]

h1

Letras 2006

17, Febrero, 2006

Letras das cancións do 2006.

LETRA 1.- “No me toques las bilis “

Daquela estaba de moda cambiar canselas
E ahora calquera cousa podes esperar
Dijan ustedes si estas bromas son bonitas
Porque hasta os cachos da uralitas
Seique hasta campos foron parar

Leer el resto de esta entrada »

h1

Concurso-Festival de Comparsas 2006

15, Febrero, 2006

Os garoulos lograron este ano o primeiro posto, e con elo a bandeira Concello de O Grove, do Festival de Comparsas celebrado o pasado sábado no Pavillón Municipal.

Co disfraz de anxos e diablesas e unha boa posta en escena a nosa comparsa fixose co máximo galardón. Felicitar aos segundos e terceiros clasificados así como ao resto dos participantes neste festival.

Ver fotos do ensaio

Ver fotos do Concurso-Festival

Fotos cortesía de Miguel Muñiz.